Lingua algonquina

Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa Linguas algonquinas.
Algonquino
Anicinâbemowin
Falado en: Canadá
Rexións: Quebec e partes de Ontario
Total de falantes: 3.330 (censo de 2016)[1]
Familia: Linguas álxicas
 Linguas algonquinas
  Linguas algonquinas centrais
   Lingua anishinaabe
    Algonquino
Status oficial
Lingua oficial de: Ningún lado
Regulado por: Non está regulada
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: alg
ISO 639-3: alq
Mapa

En verde, o territorio histórico da lingua algonquina.
Status

O algonquino está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O algonquino[3] é unha lingua do grupo algonquino falada polo pobo algonquino que habita no Canadá. Próxima ao ojibwa, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.[4] O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade «animada/inanimada». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador «directo-inverso» que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.

  1. Canadá, Goberno do Canadá, Estatísticas. "Language Highlight Tables, 2016 Census - Aboriginal mother tongue, Aboriginal language spoken most often at home and Other Aboriginal language(s) spoken regularly at home for the population excluding institutional residents of Canada, provinces and territories, 2016 Census – 100% Data". www12.statcan.gc.ca (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de algonquino, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. Por exemplo Marianne Mithun en The languages of native North America Cambridge University Press, 2001

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search